A comisión de festas do San Paio celebrou sobre o escenario da Galilea o sorteo dunha viaxe a Punta Cana. Alí, confirmaron que se venderon unhas 150.000 rifas e, despois, procederon ao sorteo, no que saíu premiado o 114.454.
O gañador ou gañadora ten un prazo de 15 días para reclamar o premio, que consiste en 9 días e 7 noites nesa zona do Caribe nun hotel de luxo e con todos os gastos incluídos. Está reservado en tempada alta para así asegurarse que se pode facer en calquera momento do ano, tendo ata as vésperas do seguinte San Paio para facelo.
Imaxe de portada: sorteo da viaxe // Xornal da Estrada


Deixar un comentario