Matalobos celebra o San Benito

Matalobos celebra o San Benito

Esta fin de semana Matalobos celebra as súas festas de San Benito. Comezarán o sábado 12 ás 13.00h cunha misa solemne. A sesión vermú correrá a cargo da charanga Os Kocacolas. Á noite, a orquestra Zona Zero e a Discoteca Pirámide, na que estarán os DJ Marcos Kintana e Carlos López, amenizarán a verbena.

O domingo 13 oficiaránse misas rezadas ás 9.00, 10.00, 11.00 e 12.00 horas e unha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Santa Cristina de Vea ás 13.15 horas. Ao rematar os actos litúrxicos comezará a tradicional poxa, á que seguirá unha sesión vermú coa Banda de Música Municipal da Estrada.

Comentarios

Deixar un comentario