6 anos despois da última celebración, este sábado 12 de xullo volverá a celebrar o San Cristobo na Estrada. Ás 19.00 horas oficiaráse unha misa, á que seguirá unha gran caravana de vehículos. Nela bendiciránse os coches, motos e camións participantes e a Banda de Música Municipal da Estrada poñerá a nota musical. Ao remate disto, comezará unha cea e, a partir das 00.00 horas, a verbena a cargo do Dúo Prisma.

Deixar un comentario