Callobre estáse preparando para as súas festas de Santa Margarida e da Virxe do Carme, na que habitualmente se citan algunhas das mellores orquestras de Galicia.
O domingo 20 ás 13.00 horas oficiaráse unha misa na honra de Santa Margarida, á que seguirá unha sesión vermú coa charanga Ardores. Á noite, a verbena correrá a cargo da xa citada charanga, da orquestra Panorama City e da discoteca Pirámide XL.
O luns 21 ás 13.00 horas celebraráse unha misa na honra da Virxe do Carme. Tras os actos litúrxicos terá lugar a sesión vermú, que contará coa música da Banda de Música Municipal da Estrada. As orquestras Metrópolis e La Misión, xunto coa discoteca Pirámide XL, serán as encargadas de animar a verbena.


Deixar un comentario