M. C. C., gandeiro de 61 anos, foi trasladado na mañá deste mércores en helicóptero tras ser corneado por un boi na parroquia da Ermida, en Cuntis. Os servizos de emerxencia mobilizáronse de inmediato, ao seren alertados por dous veciños que escoitaran os berros do gandeiro.
O varón, que quedou ferido grave, atopábase nunha zona de terreo complexo, polo que tivo que ser trasladado uns 500 metros en padiola ata o punto no que aterrou o helicóptero.
Ata o lugar trasladáronse efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Cuntis, Policía Local, Garda Civil, unha ambulancia do 061 e o helicóptero do 061. Manuel Campos, alcalde de Cuntis, tamén participou nas tarefas de rescate.
Imaxe de portada: // Concello de Cuntis / Redes sociais

Deixar un comentario