Ante o episodio de calor extrema que se está a vivir, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, no marco do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde activou o nivel 2 de alerta sobre 3 nos 16 concellos correspondentes co interior de Pontevedra – entre os que se atopan A Estrada, Cuntis e Forcarei -, 12 do noroeste de Ourense, 21 do Miño de Ourense, 19 da montaña de Ourense e 6 de Valdeorras. Esta situación estará activa ata a modificación da alerta e o fenómeno afectará a Galicia ata este xoves de forma heteroxénea.
Debido a iso, a Secretaría Xeral para o Deporte decidiu que este mércores quedan suspendidas todas as actividade deportivas no exterior que se celebren nesas zonas, coa única excepción das actividades acuáticas, que están permitidas coa recomendación de non celebralas entre as 12.00 e as 17.00 horas.
Como consecuencia, o encontro que ía enfrontar ao Estadense e ao Pontevedra ás 21.00 horas deste mércores, quedou suspendido. Os clubs xa informaron de que se xogará o vindeiro sábado 9 ás 20.00 horas.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente, o partido xogaráse este xoves ás 21.00 horas.


Deixar un comentario