Transcripción
Imaxine ser un sinal. Si, un sinal. Un deses que che indican en que rúa estás. Concretamente un dos antigos, dos que teñen o anterior escudo, dos que viron medrar a moitos estradenses. Imaxine que un día anuncian que o van substituír por un máis novo pero que, varios meses despois continúa na mesma ubicación, sen polémicas por cuestións ortográficas, nin de errada colocación. Porque non, non é Puenteareas, é Ponteareas; e a Praza do Mercado non chega ata o antigo TNT.
E imaxine que, pese a ter erros, xa llos perdoen porque confían en que dentro de pouco haberá un novo no seu sitio e que non terá erros, porque para ir a Ouzande e á Somoza non hai que atravesar unha veiga de millo.
Imaxine ser ese sinal que ve que a nova xeración foi instalada na outra beirarrúa, pero que ninguén o retira. Imaxine ser un deses sinais que semella que non quere marchar.
Galería complementaria















Deixar un comentario