Unha das anécdotas que deixa o incendio forestal declarado este domingo en Frades, entre os lugares de Requián e Casalpaio, foi que se deixou escoitar o toque arrebato, unha forma de facer soar as campás para alertar de situacións de emerxencia.
Tal e como comentou Pedro, campaneiro de Requián, a este medio, este consiste en dar 3 toques na campá grande e, despois, facer soar de forma rápida e continuada as dúas campás á vez. Ademais, ten que ser moi sonoro.
O seu uso máis común é para alertar dos incendios, aína que serve para outras emerxencias. Ese mesmo toque empregouse hai 20 anos na mesma capela de Requián, cando esta ardeu a xornada antes da romaría dos Milagres.
Deixar un comentario