Abre o prazo para presentarse ao Premio Reimóndez Portela

Abre o prazo para presentarse ao Premio Reimóndez Portela

Este martes fixéronse públicas as bases do XXX Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela. Este ten como obxectivo promover e recoñecer o labor periodístico e dos medios de comunicación así como os artigos escritos en lingua galega.

Ao premio poden concorrer persoas que desenvolvan a súa actividade en medios de comunicación de Galicia ou en edicións galegas de medios estatais, tanto en papel coma en formato dixital.

O premio outorgaráse ao mellor traballo ou serie de traballos – ata un máximo de 5 – publicados entre o 1 de outubro de 2024 e o 31 de setembro de 2025 e estará dotado con 1000 euros.

O prazo para que os autores dos traballos se presenten remata o 31 de novembro. A presentación faráse a través dun formulario dispoñible na web do Concello da Estrada ou premioxornalistico.aestrada.gal.

Comentarios

Deixar un comentario