Paradela celebra esta ponte festiva as súas festas. O venres 15 ás 13.30 horas oficiaráse unha misa solemne cantada polo coro parroquial. O mesmo sucederá o sábado 16 ás 11.30 horas e o domingo 17 ás 12.30 horas.
O domingo o pasarrúas e a sesión vermú correrán a cargo da Agrupación Tradicional Abobriga de Baiona. Esta agrupación, xunto cos Regatos, será a que amenice o xantar posterior.


Deixar un comentario