Segue a empeorar a situación en Galicia: duplícase a superficie queimada en 24 horas

Segue a empeorar a situación en Galicia: duplícase a superficie queimada en 24 horas

Nas últimas 24 horas duplicouse a superficie queimada nos incendios forestais en Galicia, tendo en conta os datos que facilita Medio Rural cada poucas horas. O mércores ás 20.30 horas arderan cas 14.200 hectáreas e, ás 21.00 horas deste xoves, xa ascendían a preto de 29.600.

Datos por provincias

Lugo

  • Samos-Santalla: controlado, 200 hectáreas.
  • A Fonsagrada-Monteseiro: controlado, 150 hectáreas.

Ourense

Toda a provincia atópase en Situación 2.

  • Chandrexa de Queixa: activo, 11.000 hectáreas. Os incendios de Requeixo e Parafita xuntáronse nun só. Afecta a Manzaneda. Mobilizouse á UME.
  • Maceda: activo, 2.500 hectáreas. Os incendios de Santiso e Castro de Escuadro xuntáronse nun só. Mobilizouse á UME.
  • Oímbra-A Granxa: activo, 6.000 hectáreas. Afecta a Monterrei. Mobilizouse á UME.
  • A Mezquita-A Esculqueira: activo, 8.000 hectáreas. Mobilizouse á UME, colaboran medios portugueses.
  • Vilardevós-Vilar de Cervos: activo, 250 hectáreas.
  • Vilardevós-Moialde: reactivouse na tarde do xoves, estaba estabilizado desde a mañá do martes. Arrasou máis de 40 hectáreas.
  • Vilardevós-Fumaces e a Trepa: activo desde a tarde do xoves, 20 hectáreas.
  • Vilariño de Conso-Mormentelos: reactivouse na tarde deste xoves, estaba establizado desde o luns á noite. Afecta a 600 hectáreas.
  • Larouco-Seadur: activo, 600 hectáreas.
  • Montederramo-Paredes: estabilizado, 120 hectáreas.
  • Ourense-Seixalbo: estabilizado, 100 hectáreas.
  • Verín-Mourazos: controlado, 9 hectáreas.

Pontevedra

  • Dozón-O Castro: estabilizado, 400 hectáreas.
  • A Estrada-Souto: controlado, 20 hectáreas.
Servizos de extinción nas proximidades da AG-52 // DXT

Confinamentos, evacuacións e desaloxos

Na tarde deste xoves confinouse Entrevesiños, en Monterrei. Desde a mañá do mesmo día permanecen confinados Casas dos Montes (Oímbra, 122 persoas) e Madanela (Monterrei, 140 persoas). 40 persoas que foran desaloxadas da Bouza (Viana do Bolo) xa puideron regresar ás súas casas.

Arden aldeas

Na Caridade, unha aldea de Monterrei, arderon varias casas e alpendres.

Transporte

O tráfico ferroviario estivo pechado a maior parte da xornada. Aínda que se chegou a reabrir, rápidamente tivo que volver a pecharse debido aos diferentes incendios que se atopaban nas proximidades das vías. Pola tarde, ADIF suspendeu todos os traxectos entre Galicia e Madrid para a xornada do xoves.

Por estrada, a AG-52 e a N-525 rexistraron sendos cortes. Os diferentes incendios complicaron a situación, quedando máis dun milleiro de vehículos bloqueados. Actualmente, recoméndase non empregar ningún destes viais e entrar en Galicia pola A-6.

Axuda internacional

Na mañá deste xoves chegaron a Santiago de Compostela dous Canadier procedentes de Francia. Ademais, medios portugueses están colaborando nos labores de extinción.

Imaxe de portada: lume na AG-52, xoves á tarde // DXT

Comentarios

Deixar un comentario