Este domingo ás 10.34 horas quedou extinguido o incendio que se declarou hai unha semana en Souto. O lume calcinou 28,23 hectáreas, das cales 15,53 eran de monte raso e, as 12,7 restantes, de arborado.
Este incendio declarouse pasadas as 12.30 horas do pasado domingo 10 no lugar da Toxeira. Foi un particular o que avisou tras ver o lume preto dos contedores do lixo. Rápidamente conseguiuse evitar que as lapas avanzasen cara as vivendas.
O lume continuou en dirección Souto e Montillón, aínda que ás 17.00 horas desa xornada o lume xa se atopaba bastante controlado, tal e como informaba Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada. 5 horas máis tarde Medio Rural xa o daba por estabilizado e, desde as 12.10 horas do martes, estaba controlado.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 1 técnico, 20 axentes, 31 brigadas, 35 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 3 avións.
Imaxe de portada: incendio en Souto // Concello da Estrada

Deixar un comentario