Esta fin de semana Santeles celebrará as festas na honra da Nosa Señora do Carme e de Santa Bárbara. Comezarán o venres 22 ás 10.15 horas cunha misa rezada. Ás 13.00 horas oficiaráse unha misa solemne cantada pola Coral de Vea. Seguirána a procesión e a sesión vermú, a cargo da charanga Mil9. Ás 21.00 horas actuará a escola de baile Stradanza e, unha hora e media máis tarde, comezará a verbena, que estará amenizada polas orquestras Aché e Panorama City e pola Disco Pirámide XL, que contará con Marcos Kintana.
O sábado 23 ás 10.15 horas oficiaráse unha misa rezada e, ás 13.00 horas, unha solemne cantada pola Coral de Paradela. A procesión e a sesión vermú posteriores correrán a cargo da Banda de Vilatuxe. Tamén haberá unha gran tirada de fogos. A verbena comezará ás 22.30 horas e contará coa música de Aires de Broña e do Dúo Stylo.


Deixar un comentario