Nova edición da festa campestre do San Lois

Nova edición da festa campestre do San Lois

A vindeira semana comezará con festa en Orazo, cunha nova edición da festa campestre do San Lois. O luns 25 oficiaránse misas rezadas ás 9.30, 10.30 e 11.30 horas e unha solemne ás 13.15 horas. Durante a mañá actuará a Banda de Música Municipal da Estrada e, ás 19.00 horas, comezará a verbena coas orquestras Galilea e Principal.

O martes 26 oficiaráse unha misa solemne ás 13.15 horas. Pola mañá tocarán os gaiteiros O Son da Fervenza. A sesión vermú correrá a cargo do dúo Cristina & Lucía, que tamén amenizará a verbena, neste caso acompañado do dúo Punto Zero.

Comentarios

Deixar un comentario