Fano da man de Imaxina e Axuda e poderán participar persoas de entre 12 e 25 anos
Imaxina e Axuda presentou este martes o seu programa Acción na Noite, co que levará a cabo unha serie de actividades de ocio alternativas para as noites dos sábados destinadas aos mozos e mozas de entre 12 e 25 anos. Celebraránse no Novo Mercado en horario de 21.00 a 00.00 horas.
Comezarán o 6 de setembro cunha noite de videoxogos. O 27 de setembro terán unha actividade de creación de candeas aromáticas e o 4 de outubro outra de nerf. Xa no mes de novembro, o 1 celebrarán un scape room de terror, o 8 un taller de cerámica, o 15 outro de defensa persoal, o 22 unha noite intercultural e o 29 despediránse con zumba. Para os talleres de cerámica e de defensa persoal será necesario inscribirse previamente.
Este proxecto naceu en 2023 co Encontro Móvete – un pleno no que participaron xuventude e políticos -, onde saiu a relucir a ausencia de actividades de ocio saudables para a xente máis nova. En 2024 presentaron dito proxecto, pero non se conseguiu o financiamento necesario, algo que si ocorreu este 2025.
Nova imaxe corporativa
Este anuncio chega dous días despois de que a asociación xuvenil renovase a súa imaxe corporativa. O novo logotipo simboliza a innovación e acción social nos proxectos xuvenís.

Deixar un comentario