O surfista estradense Alejo Ferreiro proclamouse este luns campión galego nos triais disputados na praia de Pantín (Valdoviño), acadando o pase de honra á competición internacional da World Surf League (WSL), que comezou este martes e que rematará o vindeiro domingo 31.
Keko Ferreiro impúxose aos seus rivais ao acadar un 10,44 en cinco ondas. Agora é un dos 200 surfistas que se están dando cita en Pantín na competición internacional da WSL, na que se prevén ondas de máis de 4 metros. Esta é unha competición QS 4000 en categoría masculina e feminina na que participan, entre outros, Jorgan Couzinet, Adur Amatriain, Janire e Anette González-Etxabarri.

Deixar un comentario