Yu estrea un espazo de improvisación

Yu estrea un espazo de improvisación

Yu Lugar de Encuentro, establecemento hostaleiro sito na Avenida de Ponteareas, inaugura este mércores a súa Sala de Usos Múltiples para destinala “á creatividade e á improvisación”. Deste xeito, de luns a sábado, en horario de 18.30 a 21.00 horas os clientes poderán sacar o máximo rendemento aos seus talentos e instrumentos. Esta é unha das primeiras iniciativas que realizan no seu propósito de “romper coa cultura do bar de consumo de alcohol”.

Imaxe de portada: Yuri e Yumara, propietarias de Yu Lugar de Encuentro // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario