Convocan unha manifestación nacional para esixir medidas que eviten unha nova vaga de lumes

Convocan unha manifestación nacional para esixir medidas que eviten unha nova vaga de lumes

A plataforma Por un Monte Galego con Futuro convocou para o vindeiro domingo 14 de setembro ás 12.00 horas unha manifestación en Santiago de Compostela para esixir a aplicación de medidas que eviten outra vaga de lumes e para reclamar un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e zonas afectadas polos incendios.

Esta manifestación produciráse despois do éxito das máis das 30 concentracións celebradas o pasado xoves 21 por toda Galicia contra a política forestal da Xunta de Galicia.

Imaxe de portada: incendio forestal en Requián, Frades, este mes de agosto // cedida

Comentarios

Deixar un comentario