Do 18 ao 21 de setembro A Estrada acollerá a 37ª edición da Feira do Moble, que traerá dúas propostas novidosas da man de dúas empresas galegas, unha delas estradense.
Comezando pola estradense Herrajes Formo-3, esta presentará, xunto a Muvv, unha mesa extensible que foi premiada polo seu innovador deseño. Pensada para optimizar espazos reducidos, ofrece a combinación perfecta de funcionalidade, elegancia e versatilidade.
A empresa Gallega de Escaleras y Puertas, procedente de Caldas de Reis, exhibirá no exterior do Recinto Feiral da Estrada un apartamento modular turístico. Este terá 12,40 metros de longo e 2,63 de fondo, distribuídos en cociña americana, unha habitación e un baño. Ademais, mostraráse completamenta amoblada.
Ademais, esta edición estrearáse un pavillón multisectorial no que se poderán atopar artigos tan diversos como roupa, calzado, antigüidades e vehículos, estes últimos dispostos na zona exterior.
A entrada será gratuíta o xoves 18 e o venres 21. Durante as catro xornadas que durará terá horario ininterrompido dende as 11.00 ata ás 20.00 horas.

Deixar un comentario