Desde o 10 de setembro o Estradense xogará a Fase Nacional da Copa Federación, unha competición na que, de chegar ás semifinais, clasificaríanse para a Copa do Rei. Este mércores ás 13.00 horas, o equipo estradense e os outros 31 participantes coñecerán contra quen se enfrontarán nos dezaseisavos de final.
Os equipos repartiránse en 4 grupos por criterios xeográficos e, despois, faráse o sorteo, no que o equipo local e o visitante estableceránse por orde de extracción das bólas. O primeiro partido xogaráse o 10 de setembro. En cada fase eliminatoria faráse un sorteo e a final celebraráse o 8 de novembro.
Por outra banda, a campaña de socios do Estradense xa conseguiu 650 abonados en cuestión dunha semana. Lembremos que este ano ser socio do club roxillo convertiráse en vantaxes no caso de ser cliente de A Estrada Dixital.
Imaxe de portada: celebración despois dun partido do Estradense // Xornal da Estrada


Deixar un comentario