Festas da Consolación e San Roque en Tabeirós

Festas da Consolación e San Roque en Tabeirós

Tabeirós celebrará tres días de festa na honra da Virxe da Consolación e San Roque. O sábado 6 haberá un pasarrúas a cargo de Os Sin Son Gaiteiros. Ás 13.00 horas oficiaráse unha misa, con posterior sesión de pirotecnia e sesión vermú a cargo do mesmo grupo de gaitas. Pola noite, o dúo Punto Zero e a orquestra Acordes serán os encargados de amenizar a verbena.

O domingo 7, a charanga Os Atrevidos protagonizará o pasarrúas e a sesión vermú, posterior á misa que se oficiará ás 13.00 horas.

Ás 13.00 horas do luns 8 celebraráse unha misa. A procesión e a sesión vermú correrán a cargo da Banda Municipal da Estrada.

Comentarios

Deixar un comentario