A próxima semana comezarán as obras da Carballeira Municipal

A próxima semana comezarán as obras da Carballeira Municipal

A próxima semana darán comezo as obras da Carballeira Municipal da Estrada, situada na contorna da AGASP, do CIAE-112 e do IES Avelina Valladares. Con estas actuacións eliminaráse a zona asfáltica que permite adentrarse no espazo e crearánse dous paseos.

Comezando pola retirada de asfalto, será no treito de 90 metros de largo feito na década dos 90 e que comeza nunha das rotondas da Rúa da Cultura. En total serán 300 metros cadrados que se destinarán a zona verde, favorecendo a expansión “dun espazo que empregan moitos estradenses para pasear e facer exercicio, algúns deles acompañados polas súas mascotas”.

Aproveitando a realización das obras, rozaráse todo o espazo e retiraráse a maleza existente. Asemade, crearánse dous paseos con xabre-cemento, material de fácil integración e que conta cunha durabilidade estimada axeitada. Estes terán 1,5 metros de ancho e permitirán gozar dos carballos e do resto da vexetación existente na zona.

As obras contarán cun orzamento de 8.400 euros e teñen un prazo de execución de 2 meses. Nela empregaránse fondos do Plan de Compensación Ambiental para o ano 2025.

Imaxe de portada: Carballeira Municipal // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario