Este sábado A Cruz da Grela (Codeseda) acolleu unha nova edición do encontro de santos que recibe o nome dese lugar. Ás 18.00 horas as imaxes de Codeseda partían desde a igrexa parroquial, algo que tamén farían a da Virxe de Guadalupe – anfitroa da festa -, San Ramón – o santo dos nenos -, Santa Rita de Cereixo e San Xoán de Liripio desde a Capela da Grela media hora máis tarde.
No punto de encontro os santos fixéronlle unha reverencia á Virxe e, ao pouco, dirixíronse ata a Capela da Grela, onde se celebrou unha misa.
Para os veciños de Liripio o traxecto comezou ás 16.30 horas dese mesmo día, pois levaron a pé ao seu patrón.











































Deixar un comentario