Comezou a Acción na Noite

Comezou a Acción na Noite

Este sábado comezou o programa Acción na Noite e fíxoo cunha noite de videoxogos. Organizado pola Asociación Imaxina e Axuda, leva a cabo actividades de ocio nocturno alternativas para a rapazada de entre 12 e 25 anos. Celebraráse no Novo Mercado en horario de 21.00 a 00.00 horas.

As seguintes actividades serán o 27 de setembro, cando terán unha actividade de creación de candeas aromáticas, e o 4 de outubro, que haberá outra de nerf. Xa no mes de novembro, o 1 celebrarán un scape room de terror, o 8 un taller de cerámica, o 15 outro de defensa persoal, o 22 unha noite intercultural e o 29 despediránse con zumba. Para os talleres de cerámica e de defensa persoal será necesario inscribirse previamente.

Participantes // cedida

Imaxe de portada: Acción na Noite // cedida

Comentarios

Deixar un comentario