Conta atrás para o arranque da Feira do Moble

Conta atrás para o arranque da Feira do Moble

O Recinto Feiral da Estrada acolleu este martes a presentación da 37ª edición da Feira do Moble, que comezará este xoves 18. Ao acto asistiron o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o Director Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, José Antonio Rodríguez, a Deputada Provincial da Deputada de Pontevedra, Belén Cachafeiro, a representante da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Lucía Pedroso, e o presidente da Asociación Comarcal de Empresarios da Estrada, José Luis Terceiro.

Terceiro destacou que esta cita feiral”serve para ensinar as nosas tendencias e os nosos produtos”. Pola súa banda, Lucía Pedroso engadiu que se trata “dun escaparate consolidade que reflexa a vitalidade dun sector estratéxico” como é o da madeira. Do mesmo xeito, continuou, “impulsa a innovación, fomenta a colaboración entre subsectores e abre a porta á internacionalización”.

Belén Cachafeiro destacou que o sector forestal e da madeira representa o 1,7% do PIB galego, representando o 12% dos postos de emprego no sector industrial. Estes datos “esixen o compromiso das institucións públicas para garantir o fortalecemento deste sector tan importantes”, asegurou.

Quen tamén reseñou o valor da cita feiral foi o Director Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Jose Antonio Rodríguez, quen manifestou que é “un foro extraordinario para promover contactos de negocio, coñecemento do sector”.

Para rematar, o acalde da Estrada, Gonzalo Louzao, subliñou que A Estrada segue a ser “un referente pola calidade do seu mobiliario”, pois “a maior parte das empresas están destinadas á consecución dun marabilloso resultado da fabricación do moble e da madeira”. Lembrou que neste 2025 abriron as novas instalacións no IES Antón Losada Diéguez para a FP e que se completou “a matrícula en formación dual e media para a oferta específica da madeira”.

As xornadas inaugurais serán gratuítas

A Feira do Moble celebraráse desde este xoves 18 ata o domingo 21. O acceso ao recinto o xoves e o venres será gratuíto. Os catro días poderáse acceder dende as 11.00 ata ás 20.00 horas.

Imaxe de portada: presentación da Feira do Moble // cedida

Comentarios

Deixar un comentario