Acción na Noite celebrou a súa segunda noite de actividades, na que fixeron candeas. Esta actividade, organizada por Imaxina e Axuda e financiada con fondos da Deputación de Pontevedra, leva a cabo actividades de ocio nocturno alternativas para a rapazada de entre 12 e 25 anos. Celebraráse no Novo Mercado en horario de 21.00 a 00.00 horas.
A seguinte actividade será o 27 de setembro, cando terá lugar unha actividade de nerf. Xa no mes de novembro, o 1 celebrarán un scape room de terror, o 8 un taller de cerámica, o 15 outro de defensa persoal, o 22 unha noite intercultural e o 29 despediránse con zumba. Para os talleres de cerámica e de defensa persoal será necesario inscribirse previamente.




Deixar un comentario