Gonzalo Louzao será o único candidato a presidir o PP da Estrada

Gonzalo Louzao será o único candidato a presidir o PP da Estrada

A Comisión Organizadora do Congreso (COC) do PP da Estrada validou a candidatura de Gonzalo Louzao Dono para presidir o partido. Só se presentará el, tras ser o único que conseguiu recoller o mínimo de avais necesarios. De feito, el duplicou os 60 que tiña que conseguir.

O 11º Congreso dos populares estradenses celebraráse o vindeiro domingo 19 no anexo do Pavillón Manuel Coto Ferreiro. Nel intentará repetir a imaxe do 20 de abril de 2024, cando sucedeu a José López Campos como alcalde do municipio. Para iso, contará co seu maior aval: a súa xestión como alcalde dun dos municipios máis extensos e poboados de Galicia.

Relacionado

Iso foi o que desexou tras entregar os avais ao presidente da COC, Juan Constenla. “Espero que no Congreso do día 19 de outubro os afiliados validen a continuidade dun proxecto político moi beneficioso para A Estrada”, asegurou.

Ademais, avanzou que contará cun “equipo renovado e con gañas e ideas para seguir mellorando o noso concello” que será “o máis parecido posible á sociedade estradense”.

Esta será a primeira ocasión desde 2010 na que o Partido Popular da Estrada celebre un Congreso para elixir a súa presidencia. No último que se celebrou elixiuse a José López Campos como presidente do partido e, ao ano seguinte, saiu elixido alcalde, conseguindo acadar catro maiorías absolutas consecutivas.

Imaxe de portada: Louzao entrega os avais a Constenla // cedida

Comentarios

2 responses to “Gonzalo Louzao será o único candidato a presidir o PP da Estrada”

  1. Avatar de O PP sobre López Bueno: “demostra que xa non lle quedan argumentos, só rabia e frustración” – Xornal da Estrada

    […] abril deste ano. Nela, antes de destacar o plan e de loar o traballo de quen se pode converter no novo presidente do partido a nivel local o vindeiro domingo, fixeron unha breve referencia ao mesmo debate: “Mentres algúns se […]

    Gústame

Deixar un comentario