A comedia madrileña que aterra na Estrada

A comedia madrileña que aterra na Estrada

Este venres 10 o espectáculo Trash!, da madrileña Producciones Yllana, chegará ao Teatro Principal da Estrada. Comezará ás 20.30 horas. Esta comedia xestual de 70 minutos de duración, é apta para todos os públicos. A entrada custa 10 euros e pódese adquirir en ataquilla.com ou no Concello da Estrada.

Sobre Trash!

Producciones Yllana e Toom Pak únense para crear un espectáculo vital e enerxético sobre as posibilidades da reciclaxe a través da percusión, o movemento e o humor. A historia acontece nun centro de reciclaxe de lixo, onde catro imaxinativos operarios danlle novos usos a todo tipo de material de refugallo, facéndonos rir a esgalla e con- vidándonos a reflexionar sobre o exceso de consumismo da nosa sociedade.

Imaxe de portada: Trash! // Captura de pantalla

Comentarios

Deixar un comentario