Comeza a montaxe dunha pista de balonmán na Praza do Concello

Comeza a montaxe dunha pista de balonmán na Praza do Concello

Esta fin de semana A Estrada acollerá a Copa 5×5 Balonmán na Rúa, organizada pola Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Balonmán. Desde este mércores estánse montando as gradas. A Praza da Constitución – oficiosamente Praza do Concello – da Estrada será a cuarta sede do torneo, xunto cos concellos de Vigo, Redondela e A Cañiza.

Continúa aberta a participación de equipos de entre 5 e 8 xogadores das categorías benxamín (nados nos anos 2016, 2017 e 2018) e alevón (2014, 2015). Todos eles recibirán unha equipación por participar. Con eles deberá acudir un responsable maior de 16 anos.

O venres competiráse de 16.00 a 20.00 horas; o sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e, o domingo, de 10.00 a 14.00 horas. Ao remate, faráse entrega dos premios.

“É unha gran oportunidade para darlle visibilidade ao balonmán, sacando este deporte dos pavillóns, para achegalo a todos os públicos na rúa, montando unha gran festa lúdica e deportiva”, asegurou o edil de Deportes, Ismael Pena.

“Agardamos que este evento nos dea ese empuxón definitivo para asentar o balonmán na comarca de Tabeirós-Terra de Montes e, para iso, que mellor escaparate que ubicalo na Praza da Constitución, no centro da vila”

Ismael Pena, edil de Deportes

Imaxe de portada: montaxe das gradas // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario