O ciclo ‘Un Cómico na Aldea’ retoma a súa programación este sábado cunha decena de funcións ata o 5 de decembro. Este programa do departamento de Cultura busca descentralizar a oferta cultural do principal núcleo de poboación do concello.
Os espectáculos serán de entrada libre e gratuíta e neles actuarán Padre Xiao, Mago Toño, As Lerchas, Quico Cadaval, Paula Carballeira e a Escola Municipal de Artes Escénicas. A previsión é que no 2026 o ciclo chegue a outras 30 parroquias.
Por primeira vez, dividiuse o ciclo en dúas partes, exercendo o período estival como separador. Para esta segunda etapa a programación é a seguinte:
Outubro
- Sábado 18 ás 18.30 horas, na Escola de Sta Cristina de Vea: O Padre Xiao e o Mago Toño.
- Sábado 18 ás 20.00, na Escola de San Pedro de Ancorados: O Padre Xiao
- Sábado 25 ás 20.00, na carpa do Campo da Festa de Cereixo: As Lerchas.
Novembro
- Sábado 1 ás 18.00, na Escola de Carracedo: Contos de medo con Paula Carballeira.
- Sábado 8 ás 20.00, na Escola de Riobó: Contos de medo con Paula Carballeira.
- Sábado 15 ás 20.00, no Teleclub de Sabucedo: Quico Cadaval.
- Sábado 15 ás 19.30, no local social de Cora: “Celtas con filtro”, da Escola Municipal de Artes Escénicas
- Sábado 22 ás 20.00, no Teleclub de Pardemarín: Quico Cadaval.
- Sábado 29 ás 20.00, no local social de Curantes: As Lerchas.
Decembro
- Venres 5 ás 20.00, no local social de San Miguel de Barcala: “Celtas con filtro”, da Escola Municipal de Artes Escénicas
Imaxe de portada: Un Cómico na Aldea // Concello da Estrada


Deixar un comentario