A Estrada e Forcarei solicitarán recuperar a xestión compartida do CIM

A Estrada e Forcarei solicitarán recuperar a xestión compartida do CIM

Os alcaldes da Estrada, Gonzalo Louzao, e Forcarei, Belén Cachafeiro, mantiveron este xoves unha reunión para avanzar na solicitude de recuperar a xestión compartida do Centro de Información á Muller (CIM), que se perdeu hai varios anos aínda que o ámbito de actuación do centro estradense segue a ser comarcal. No encontro tamén estiveron a concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, e a directora do CIM, Margarita de la Calle.

De concederse, permitirá que, a partir do vindeiro ano, ambas administracións locais soliciten as subvencións de forma conxunta para o CIM estradense, que leva prestando os seus servizos desde 2003.

O CIM ofrece atención legal e psicolóxica á muller, realizando unha actuación integrada ante situacións de violencia de xénero. No 2024 atendeuse a 160 mulleres, unha cifra superior á media anual. Asemade, no último exercicio atendéronse máis de 500 consultas.

016

Teléfono contra a violencia machista

Imaxe de portada: de esquerda a dereita: Belén Cachafeiro, Gonzalo Louzao, Amalia Goldar e Margarita de la Calle // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario