Cinema, Capitol e unha pregoeira que foi Premio Nacional de Historia na Santa Paterna de Arnois

Cinema, Capitol e unha pregoeira que foi Premio Nacional de Historia na Santa Paterna de Arnois

Esta fin de semana Arnois celebrará a Santa Paterna con dous días de festa. Os festexos comezarán este sábado 18 ás 11.00 horas cunha misa cantada na honra de San Roque. Ás 13.00 horas oficiaráse outra pola Santa Paterna. Seguiráa unha sesión vermú a cargo do grupo de gaitas e baile Cict. Randela. Ás 21.00 horas comezará a verbena, que estará amenizada por Cinema e Grupo Origen.

Desde as 10.00 horas do domingo oficiaránse misas cada media hora. Ás 13.30 horas haberá unha misa cantada na honra da Santa Paterna e, despois, a veciña, escritora, historiadora, profesora universitaria e Premio Nacional de Historia 2022, Ofelia Rey Castelao, será a encargada de dar o pregón. As bandas de música de Santa Cruz de Ribadulla e Municipal da Estrada tocarán na sesión vermú. A música continuará a partir das 18.00 horas, coa Banda de Acordeóns Metropolitana e unha sesión de bailables coa Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla. Para rematar as festas, ás 20.00 horas comezará a actuación da orquestra Capitol.

No Campo da Santa Paterna vaise expoñer unha representación na honra da Fonte da Santa Paterna feita co estilo das fallas. Ademais, todo o campo estará cuberto cunha carpa.

Comentarios

Deixar un comentario