Pasaban 9 minutos das 13.00 horas deste domingo cando Juan Constenla proclamaba por aclamación a Gonzalo Louzao como presidente do PP da Estrada. Dado que non había outra candidatura, o seu nomeamento non se someteu a votación.
Louzao presentou un Comité Executivo formado por 62 persoas, 31 con experiencia neste ámbito e outras 31 que se incorporan.

No evento, que se celebrou no pavillón anexo ao Manuel Coto Ferreiro, estivo arroupado por José López Campos, presidente saínte e actual conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Luis López Diéguez, presidente da Deputación de Pontevedra, e Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, ademais de alcaldes, líderes locais, conselleiros e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Asemade, un gran número de simpatizantes encheu o recinto.
Imaxe de portada: Louzao, tras ser proclamado presidente // Xornal da Estrada


Deixar un comentario