O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, avanzou durante o 11º Congreso do PP da Estrada que o treito da AG-59 que se está construíndo entre A Ramallosa e Pontevea “vaise inaugurar en 3 meses como moito”, tendo en conta o condicionante “de se empeza a chover ou non”.
Resaltou a importancia que terá para “a vertebración definitiva” dunha comarca que “demandaba” e “necesitaba” esta infraestrutura.
O treito en construción terá 3,5 quilómetros e para el destinouse unha partida de 36,6 millóns de euros. Tal e como comentou hai unhas semanas, coincidindo coa inauguración do edificio xudicial, a previsión é que este mesmo ano comecen as obras do segundo treito, que permitirá á autovía cruzar o Ulla e chegar ata O Rollo (Santa Cristina de Vea). Serán 4 quilómetros para os que se destinarán 33 millóns de euros.
O propio Rueda asegurou en xuño que a intención do ente autonómico é que a autovía completa estea construída “a finais de 2028” e que permita ir desde O Rollo ata Santiago en 10 minutos.
Imaxe de portada: Rueda no Congreso do PP da Estrada // Xornal da Estrada


Deixar un comentario