O director xeral de Gadaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse con directivos da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo. No encontro estudaron posibles vías de colaboración para desenvolver medidas de mantemento da caban gandeira que sustenta esta rapa. Cómpre lembrar que a Rapa das Bestas de Sabucedo foi declarada de Interese Turístico Internacional e, este 2025, foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC).
Imaxe de portada: reunión da Rapa das Bestas con José Balseiros // Xunta de Galicia

Deixar un comentario