A zarzuela A lenda de Montelongo estréase este sábado ás 20.00 horas na Estrada. É a primeira zarzuela que se estrea no Teatro Principal dende hai 70 anos. Mañá haberá outro pase, para o que case se esgotaron as entradas.
Radio Estrada está ofrecendo a inauguración en directo.
A lenda de Montelongo
A historia de amor entre Xan e Marica, dous mozos fillos de labregos de principios do século XX, que terá como contrapunto a Pedro, fillo dunha familia acomodada e tamén namorado de Marica, poderáse desfrutar esta fin de semana no Teatro Principal. Humor, emoción e conflito mestúranse na Lenda de Montelongo, unha peza que, orixinalmente, foi estreada en 1924.
A Coral Polifónica Estradense, Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE), mestres do Conservatorio de Música da Estrada, Tequexetéldere e os solistas Indra Sesti e Jacobo Rubianes uniránse nunha peza única que se poderá desfrutar durante dúas xornadas distintas.
Imaxe de portada: A lenda de Montelongo // Concello da Estrada

Deixar un comentario