Este sábado Arca a Asociación de Veciños de Arca fixo entrega do Premio Raíces do Rural, que se estreou este ano. Este galardón, co que buscan promover as actividades que dinamicen o rural, recaeu na comisión de festas da Saleta de Souto.
Esta comisión foi a encargada de recuperar uns festexos que levaban 25 anos sen celebrarse. Saleta Bouzón recolleu o premio.
O acto de entrega deste premio enmarcouse na celebración do Samaín. Os veciños da parroquia tamén participaron nun xantar, nun bingo e na procesión da Santa Compaña.












Deixar un comentario