Un ano de boa sorte

Un ano de boa sorte

O coñecido como Banco da Boa Sorte, instalado no punto xeodéxico de Outeiro Grande, entre as parroquias de Sabucedo e Liripio vén de facer 1 ano. Feito con 110 ferraduras de cabalo gardadas despois de peregrinar a Santiago nos últimos anos, é o primeiro banco-mirador da Estrada e conta con vistas ás catro provincias galegas, chegándose a divisar o mar. Ademais, conta co atractivo de ser un banco xiratorio.

Solpor desde as proximidades do mirador // Xornal da Estrada

En moi pouco tempo acadou unha gran fama, sendo habitual atoparse nos días de bo tempo con coches aparcados nos seus accesos. De feito, chegou a ser visitado por un grupo de portugueses e, o pasado Nadal, varias persoas achegáronse ata el para pasar os décimos da Lotaría de Nadal e, así, ter sorte.

Vista xeral do mirador // Xornal da Estrada

Imaxe de portada: o Banco da Boa Sorte // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario