Uns 300 abonados de Arcos (Cuntis) quedaron a primeira hora da tarde deste xoves sen subministro eléctrico por unha avaría que tamén obrigou a cortar unha estrada.
A caída dunha liña eléctrica conlevou o peche ao tráfico da estrada local que une os lugares de Vilar e Caeiro, na mesma parroquia. Desde o Concello de Cuntis piden que se evite circular por ela.
Do mesmo xeito, os lugares de Arcos, Furco, Caeiro, Piso e Anllada atópanse no momento de redacción desta noticia sen subministro eléctrico e prevése que tarden varias horas en recuperalo.
Imaxe de portada: Avaría en Arcos // Concello de Cuntis


Deixar un comentario