A N-640 foi escenario dun novo atropelo pasadas as 13.45 horas deste xoves. O accidente produciuse na N-640 á altura do supermercado Lidl cando, segundo avanza La Voz de Galicia, un vehículo que saía do aparcamento en dirección ao casco urbano — unha manobra que non está permitida — golpeou a un octoxenario que se atopaba na metade da calzada cruzando.
O peón, que resultou ferido, tivo que ser trasladado ao Punto de Atención Continuada sito a poucos metros do lugar do atropelo e, posteriormente, ao hospital Clínico de Santiago.
Imaxe de portada: zona do accidente // Google Street View

Deixar un comentario