GALERÍA | A noite das tazas

GALERÍA | A noite das tazas

Acción na Noite celebrou unha nova noite de actividades, na que os participantes pintaron tazas. Esta actividade, organizada por Imaxina e Axuda e financiada con fondos da Deputación de Pontevedra, leva a cabo actividades de ocio nocturno alternativas para a rapazada de entre 12 e 25 anos. As actividades propostas celebránse no Novo Mercado en horario de 21.00 a 00.00 horas.

En canto á axenda de actividades, o 15 de novembro farán un taller de defensa persoal, o 22 unha noite intercultural e o 29 despediránse con zumba. Para o taller de defensa persoal será necesario inscribirse previamente.

Comentarios

Deixar un comentario