Teñen que abandonar o coche polo maleteiro despois de quedar encaixados entre un edificio e un contedor de obra

Teñen que abandonar o coche polo maleteiro despois de quedar encaixados entre un edificio e un contedor de obra

Sobre as 13.40 deste luns un aparatoso accidente entre un coche e unha furgoneta rematou co coche encaixado entre un edificio e un contedor de obra. O sinistro, que se produciu na Rúa 56, saldouse sen feridos.

Os ocupantes do coche tiveron que saír polo maleteiro ao non poder abrir as portas. Ata o punto achegáronse efectivos da Policía Local e de Emerxencias A Estrada.

Imaxe de portada: accidente // cedida

Comentarios

Deixar un comentario