A borrasca Claudia traerá fortes refachos de vento e chuvias intensas

A borrasca Claudia traerá fortes refachos de vento e chuvias intensas

Este luns foi nomeada a terceira borrasca de alto impacto da tempada, que se chamará Claudia. Desde este martes deixará fortes refachos de vento e importantes precipitacións, polo que se activou a preemerxencia por anegamentos nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Este martes, no Interior de Pontevedra — onde se atopan A Estrada, Cuntis e Forcarei –, a AEMET terá activo dende ás 12.00 ata finalizar a xornada un aviso amarelo por refachos de vento que poden chegar aos 70km/h.

Durante toda a xornada do mércores permanecerán activos dous avisos amarelos por chuvia, podendo acumularse 20mm nunha hora e 40 en 12.

Comentarios

Deixar un comentario