A xuventude terá un espazo para comentar os problemas cos que se atopa no día a día. O programa Actuación Xove da asociación Imaxina e Axuda terá un espazo quincenal no Xornal da Estrada no que se abordarán varios temas de interese para a xente nova do municipio.
Faráse nun artigo que se publicará os domingos ás 19.30 horas na web do dixital estradense cada dúas semanas. A estrea deste espazo faráse o domingo 23.
Os mozos e mozas interesados en expoñer as súas queixas pódeno facer a través do correo imaxinaeaxuda@gmail.com.

Deixar un comentario