Queixas pola falta de espazos municipais que recollan cans de xeito temporal

Queixas pola falta de espazos municipais que recollan cans de xeito temporal

Atoparse cun animal perdido ou abandonado é unha situación que un pode vivir en calquera momento. O problema chega cando non hai onde deixalo ata que alguén se poida facer cargo del.

Un veciño relatou a este medio como este venres achegouse ata a Policía Local cun can que estaba só na zona de Figueiroa despois de que o dono dun bar estivese con el durante un tempo intentando contactar con alguén que se puidese facer cargo del.

Alí atopouse con que se tería que quedar co animal ata que o recollese persoal da protectora porque “non teñen onde telo”. Ao pouco, comenta, “chámame unha rapaza de CAAN decíndome que ata media tarde non poden vir”, cando esta persoa non podía agardar tanto tempo.

“Ao pouco chámame o veterinario de CAAN, que sae a polo can”, continúa, pois os que recollen os cans “estaba noutra zona e ata a tarde non podían vir”. Ademais, segundo o seu testemuño, a Policía Local non se facía cargo do can debido a que “non tiñan sitio onde telo”.

Por iso, reclama que se poida ter un espazo onde ter os cans perdidos de forma temporal, ata que sexan recollidos, pois “tendo un par de xaulas, veña CAAN pola mañá ou pola tarde, está alí dentro e mellor atendido”. Engade que el tivo que ter ao animal “metido no coche case dúas horas”.

Imaxe de portada: Can // Arquivo / Pexels

Comentarios

Deixar un comentario