Este martes, ás 20.00 horas, a Praza do Concello da Estrada acollerá unha concentración polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No acto, aberto a todo o público, leráse o manifesto aprobado pola corporación municipal.
Cómpre lembrar que 1333 mulleres morreron a mans das súas parellas ou exparellas dende que hai rexistros, 38 delas no que vai de ano. O 016 é o teléfono que se pode empregar para denunciar estes casos.
Imaxe de portada: Acto de 2024 // Xornal da Estrada

Deixar un comentario