Este martes Concello e Centro Cultural do Partido da Estrada en Bos Aires asinaron o convenio anual, aproveitando a visita de Gonzalo Louzao á cidade arxentina.
O Centro Estradense recibirá unha subvención de 1.500 euros para que fomente a cultura estradense en particular e galega en xeral neste centro arxentino.
Co respaldo desta achega, o Centro Cultural do Partido de A Estrada en Bos Aires programa actividades educativas, gastronómicas e culturais relacionadas coa divulgación do folclore tradional galego a través do coro da asociación “Airiños da Nosa Terra” e celebra distintos eventos con gastronomía galega que festexan datas sinaladas como o Día de San Paio, o Día das Letras Galegas, o Día de Galicia, Festa das Dores, Festa do Salmón, Milagros de Requián ou o aniversario dos seus socios.
Imaxe de portada: sinatura do convenio // Concello da Estrada


Deixar un comentario