San Miguel de Castro era unha desas parroquias que cada Nadal colocaba un belén na parroquia, pero rematou deixándose de facer. Deste xeito, só quedaron a Virxe, Xosé e o neno Xesús diante do altar da igrexa. Pero desde o ano pasado iso está cambiando e agora a igrexa da parroquia conta cun belén que incrementou o seu tamaño respecto ao do ano pasado.
Tras unha década sen facerse, o cura propuxo en 2024 ás parroquias nas que oficia misa facer os nacementos para compartilos polo grupo de WhatsApp común, sentando deste xeito o regreso do belén á igrexa de San Miguel de Castro.
Ese ano recuperáronse as figuras, facendo un belén sinxelo. Este ano, por iniciativa propia, ampliárono, engadiron figuras novas e fixeron casas e unha estructura para colocalo. Durante un mes estivérono preparando, tendo que recoller os materiais pola parroquia, incluída area da canteira.
Na creación deste nacemento participaron 6 persoas, incluído o sacristán, amais de 3 veciños que adoitan colaborar neste tipo de actividades.
O belén poderáse ver os días nos que se oficie misa, comezando por este domingo, o primeiro de Advento.
Imaxe de portada: Belén de San Miguel de Castro // cedida

Deixar un comentario