Así foi a cobertura do Xornal da Estrada polo apagamento

Así foi a cobertura do Xornal da Estrada polo apagamento

Recuperamos o noso minuto a minuto daquel momento histórico

O 28 de abril toda a península quedaba ás escuras. Unha situación inédita que mudou todas as escaletas e previsións informativas.

O apagamento deixábase sentir na prensa, con grandes monográficos sobre este suceso. No Xornal da Estrada compartiamos o aviso do Concello sobre o apagamento a través das nosas canles de WhatsApp e Telegram. A través delas, e ante a imposibilidade de actualizar a nosa web por culpa da pouca cobertura existente, ás 16.00 horas comezamos un seguemento en directo coa última hora.

Esa ventá á información mantívose aberta ata pasadas as 19.00 horas, momento no que quedamos completamente incomunicados, aínda que seguimos actualizando por se se obraba a milagre e recuperabamos a cobertura e se podían enviar as últimas informacións, algo que non sucedeu ata o día seguinte.

A iso seguiuno un amplo resumo da xornada e un especial do Xornal Semanal, que se converteu nun monográfico sobre este tema.

Nas seguintes liñas poderán consultar tanto a cobertura en directo como as noticias que se publicaron nesa semana sobre este tema.

28 de abril

15.10h // 🔴 AVISO

Emerxencias A Estrada recomenda ante o apagón xeralizado que se está a producir, pregan:

🧘‍♂ manter a calma.

🚗 moita precaución nas estradas e se podes, evita desprazarte.

🚒 Evitemos saturar as liñas ☎ do ⿡⿡⿢ e dos servizos de emerxencia, se non se trata dunha emerxencia.

Os medios están a traballar para solventar a situación canto antes.

Ante calquera emerxencia ⿡⿡⿢


16.00h // ABRIMOS UNHA VENTÁ Á INFORMACIÓN MINUTO A MINUTO

Nestes momentos gran parte de España e Portugal están sen subministración eléctrica, aínda que se comeza a recuperar nas proximidades das fronteiras con Francia e Portugal. En Galicia estáse recuperando nalgúns puntos de Ourense e en Barbadás.

Esta situación tamén está afectando á cobertura e á conexión a internet (nós mesmos estamos gravemente afectados).

Os servizos de emerxencias piden limitar os desprazamentos non necesarios.

Red Eléctrica informou dun prazo de entre 6 e 10 horas para recuperar a totalidade da subministración.

Especúlase con diferentes hipóteses sobre a causa deste fundido a cero, ningunha é oficial.


16.24h // Unha hipótese que están manexando desde o Goberno de España sería unha sobrecarga da rede por acumulación de enerxía.


16.29h // MÁIS CONCELLOS RECUPERAN A SUBMINISTRACIÓN

Desde O Pereiro de Aguiar chegan noticias de que xa o recuperaron.


16.35h // RUEDA PIDE TRANQUILIDADE E PRUDENCIA DESDE A ESTRADA

  • Reunión de emerxencia no 112.
  • Galicia está no nivel 2 de emerxencia.

16.40h // PORTUGAL APUNTA A QUE A ORIXE ESTIVO EN ESPAÑA

Comeza a descartarse a posibilidade do ciberataque.


17.10h // ÁS 17.15H COMPARECERÁ SÁNCHEZ


17.11h // Recupérase a subministración en concellos do norte da provincia de Lugo.


17.25h // Atrásase a comparecencia de Sánchez ás 17.30h.


17.28h // Algunhas das grandes cidades da periferia, como Málaga ou Sevilla, xa recuperaron a subministración


17.42h // CONTINÚA A RECUPERACIÓN

En Galicia máis zonas da provincia de Ourense xa recuperaron a subministración.

En España estáse recuperando nas zonas da periferia.


18.22h // COMPARECENCIA DE SÁNCHEZ AO REMATE DA REUNIÓN DO CONSELLO DE SEGURIDADE NACIONAL

  • Produciuse por unha forte oscilación do sistema europeo.
  • Declarouse a crise de electricidade a nivel nacional e o nivel 3 de emerxencia en Andalucía, Extremadura e Madrid, polo que o Goberno asume o mando.
  • A recuperación estáse producindo grazas ás interconexións con Francia e Marrocos e coa reactivación dos ciclos combinados e de hidroeléctricas.
  • “Non se descartan hipóteses” sobre as causas, aínda que tampouco hai información.
  • Hai máis vixilancia nas rúas.
  • Funcionan os tráficos aéreo e portuario, pero non o ferroviario. Cercanías será o primeiro en recuperarse, a longa distancia tardará máis.
  • Hai moitos caixeiros que non funcionan, pero si a banca electrónica.
  • Pediu reducir desprazamentos, seguir a información por canles oficiais e facer un uso responsable do móbil facendo chamadas breves e chamando ao 112 só cando sexa necesario.
  • O Goberno mantén contacto cos grupos políticos, coa OTAN a UE e co Rei.
  • Ás 19.00 horas haberá unha nova reunión do Consello de Seguridade Nacional.

18.35h // Concellos como Vilalba e Ourol tamén recuperaron a subministración.


18.48h // RELATIVA NORMALIDADE NO SISTEMA SANITARIO

Mantéñense as intervencións urxentes, as que non son urxentes non se están atendendo.


18.52h // ÚLTIMA HORA

A USC pecha os edificios docentes e suspende a súa actividade ata novo aviso.


18.57h // A Radio Galega informa de que a electricidade chegou ao hospital de Lugo.


19.57h // ÁS 20.30H COMPARECERÁ RUEDA

Poderíanse anunciar medidas en relación ás clases.


21.02h // SUSPÉNDENSE AS CLASES E A ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA

  • Galicia ten unha das redes de transporte escolar máis grandes do Estado, o que implica un elevado gasto de combustible.
  • Rueda asegurou que falta o servizo eléctrico nas zonas máis poboadas da comunidade.
  • Para os que necesitan osíxeno, habilitaránse zonas de recarga nos PAC. Máis información no 061.
  • Dobregouse o despregue de seguridade.

21.04h // ALERTA ESTAFA

A Policía Nacional informa de que se están realizando chamadas nas que se pide o número de conta bancaria para “restablecer a subministración”. É UNHA ESTAFA.


29 de abril

10.00h // Bos días! Traemos a última actualización sobre o apagamento (ou iso agardamos).

  • En función da zona da Estrada na que estiveses a subministración recuperouse a unha hora diferente.
  • A zona sur do concello está comunicada desde ás 9.30h desta mañá. Levaba incomunicada desde as 19.00h.
  • O Concello reforzou o seu operativo de seguridade. Contou con dúas patrullas da Policía Local con catro axentes e con dúas patrullas de Emerxencias formadas por seis membros.

30 de abril

00.19h // Publicamos o resumo da xornada do apagamento

Normalidade despois da escuridade

🟩 O Concello dobregou o dispositivo de seguridade. 🟩 A subministración eléctrica recuperouse de madrugada. 🟩 Á ausencia de electricidade sumáronse problemas coa cobertura e internet, que deixaron a Ribela incomunicada. 🟩 Xornal da Estrada tamén se viu afectado polo apagamento, aínda que conseguiu facer unha cobertura a través de WhatsApp e xa prepara un especial ‘Xornal Semanal’.…


3 de maio

00.11h // Resumo da visita de Feijóo ao 112 da Estrada


00.41h // Falamos de problemas na rede


23.21h // A Estrada queda outros tres minutos sen luz


4 de maio

19.00h // Especial do Xornal Semanal polo apagamento

Imaxe de portada: Apagamento na Estrada // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario