O Celta organiza un Clínic na Estrada

O Celta organiza un Clínic na Estrada

Este luns presentouse o Clínic do Celta de Vigo, unha actividade deportiva na que poden participar rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos. Faráse do luns ao mércores e o venres da semana de Nadal en horario de 9.30 a 14.00 horas no Novo Municipal.

O concelleiro de Deportes, Ismael Pena, agradeulle ao equipo celeste “que se acorde da Estrada” e lembrou que “aquí hai moitos simpatizantes do club e tamén hai boas peñas”.

Por parte do Celta, Manuel Gómez explicou que se celebrarán do luns 22 ao venres 26 de decembro, exceptuando o día de Nadal. É unha iniciativa aberta “a todos os nenos e nenas da zona”. “Faremos un Clínic pensando en que os nenos aprendan a xogar ao fútbol e que o pasen ben e se divirtan”, asegurou Gómez.

As inscripcións xa están abertas e fanse a través da web do Celta de Vigo. O número de prazas é limitado, habendo un máximo de 70, e cada participante recibirá unha camiseta conmemorativa, ademais dalgún agasallo da marca Celta.

A inscrición custará 105 euros. Os rapaces da Escola de Fútbol da Estrada ou que teñan un abono ou carné do Celta terán un desconto do 10%.

Marcos Piñeiro “Pacheco” lembrou que “xa se fixeron Clínics e tiveron boa aceptación. Pola súa banda, Emi Miguéns comentou que a celebración deste Clínic “penso que enriquece á Escola, porque é darlle un pouco máis de valor” e que “os rapaces ao falarlle de equipos grandes xa se sinten máis grandes”.

Imaxe de portada: Presentación do Clínic // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario